Tuesday 23 de April de 2024

O BNG de Ponteceso fai públicas propostas para as vindeiras eleccións ao tempo que achega aos pequenos comercios da localidade a súa campaña de apoio ao comercio local.


Segundo anunciou a candidata á alcaldía de Ponteceso, Fátima Rodríguez Gonzálvez, o bloque da localidade comprométese a resolver unha demanda histórica do comercio local como é a falta de aparcamento nas zonas do municipio onde se concentran maior número de establecementos.
——‐————————-

Desde o BNG vimos de manifestar o noso apoio ao comercio local. A pasada fin de semana achegamos aos establecementos de Corme e Ponteceso a nosa campaña nacional que é un reclamo para animar á cidadanía a mercar no comercio de proximidade este Nadal e, sempre que fose posíbel, mercar produto local.

O noso compromiso co pequeno comercio do noso pobo vai máis aló e nos comprometemos a dar resposta a unha demanda histórica do sector como é resolver a alta presión sobre o uso das prazas de estacionamento dispoñíbeis nas zonas anexas a onde se concentran maior número de comercios, e que é debido principalmente á baixa rotación actual, chegando a ocasionar problemas de conxestión e segundas filas en varias vías.

Para conseguir isto desenvolveremos un plan de actuación baseado en varias accións:
● Mellorar a mobilidade nas vías anexas a estas zonas de maior presión para incrementar o número de prazas de estacionamento dispoñíbeis.
● Habilitar novas áreas de aparcamento acondicionadas utilizando fórmulas como o comodato que tan bos resultados dá en outros concellos como Carballo, facilitando un espazo de estacionamento prolongado con elementos de protección que farán atractivo o seu uso fronte ao estacionamento na calzada.
● Adecuar as áreas de aparcamento existentes e promovelas instalando sinais nas vías principais para informar claramente da existencia e localización destas.
● Desenvolver as superficies de aparcamento reservadas no PXOM.

Adicionalmente á resolución desta demanda histórica, estableceremos un protocolo municipal de axuda ás PEMEs no caso de circunstancias excepcionais que sirvan para amortecer os efectos negativos de susceptíbeis peches temporais obrigados e a recuperar a normalidade o máis rápido posíbel tan pronto as circunstancias o permitan.

Animamos á xente que merque no comercio local e desexamos para este que teña unha boa campaña de Nadal.